Esta semana puxemos a árbore de Nadal. Tivemos que montala xa que estaba gardada desde o ano pasado e según íamos abrindo a caixa, a nosa emoción medraba... Todos querían poñer algo e algúns axudaron a montar a estructura (xa somos "maiores" abondo...). Despois fómola enchendo cos adornos gardados. Entón pasaron por alí os de 5 anos con Araceli, que tiñan psicomotricidade na sala grande e tamén quixeron quedarse a mirar e botar unha man... Cando rematamos e estábamos probando as luces, pasaron os pequenos de 3 anos da clase de Merchy e quedaron "fascinados" coa nosa árbore...
Estos días algúns aínda están a traer máis luces e bolas para seguir colgando na árbore de Nadal. (Gracias!). Kevin trouxo tantas, que quixo compartilas con Emma... e xa vedes aos dous colgando campaniñas e buscando os sitios onde lles parecía que había poucas.
Aquí vos poño as fotos da montaxe:
clicade aquí para ver as fotos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!