Esta é a nosa actuación no festival de Nadal. Cantamos para os compañeiros de Infantil a canción "Din, Dan, Don, chega o Nadal!". E cando marchou o público e quedamos sós no escenario, volvimos a cantala. Espero que vos guste: os artistas fixérono con toda a súa emoción e entusiasmo. Quero agradecerlle tamén aquí ao profe Anxo que se encargou de escoller as panxoliñas, de montar a coreografía e de coordinar a todos os pequenos!. Moitas gracias!
Dentro do XIII Festival de Maxia organizado polo Concello de Ames estiveron as actuacións nos colexios dos magos Roberto Lolo e Pedro Bugarín. Este luns pasaron polo Centro e tanto os pequenos de infantil como os maiores de primaria puderon disfrutar do seu espectáculo de maxia e ilusionismo.
Os nenos asistiron entusiasmados e cando pediron voluntarios casi todos querían saír!
O antroido tradicional
consistía en poñerse roupas vellas que atopabas na casa, pintar as caras con carbón,
ou poñerse máscaras... e así disfrazados percorrer as aldeas petando polas portas pedindo larpeiradas ou esmolas e regueifando. Os nosos pequenos choqueiros viñeron vestidos das casas e despois aínda asaltaron a caixa dos disfraces e engadiron sombreiros, colares, plumas e todo tipo de adobíos .... Este foi o momento máis divertido do noso ANTROIDO CHOQUEIRO. Despois, así vestidos, baixamos ao pavillón a ver como iban os maiores. Esta parte para os pequenos é a máis cansada porque lles entra a fame, as ganas de ir ao baño (con todo eso encima da roupa!), non entenden as regueifas... e ademáis vense no medio do rebumbio de case 700 rapaces. Pero na clase pasárono xenial vestíndose, revestíndose e probando todo tipo de disfraces!
Os de catro anos disfrazámonos de hawaianos para o Antroido, pintamos unha bandeira e bailamos na clase o HULA, típica danza das xentes de HAWAII. Tamén aprendemos moitas cousas sobre ese país: incluso algunhas palabras de saúdo, despedida e fórmulas de cortesía no seu idioma que empregamos entre nós (aloha, aloha.oe, mahalo, pehea.ohe?= ola, adeus, gracias e como estás?).
Estamos facendo un libro co que aprendimos: onde quedan as illas de Hawai, as cores da bandeira, como son as praias e cidades, os volcáns, animais, froitos e plantas do país, comidas, saúdos surfeiros, bailes e roupas tradicionais entre outras cousas.
Comimos as larpeiradas típicas... do noso país. Como almorzáramos moi cedo, aínda non tiñan moita fame, pero durante o desfile xa lles entrou e como tamén estaban algo cansos subimos á pista de arriba para merendar e xogar un chisco ao seu aire que era do que se trataba.
Moitas gracias a todos pola vosa colaboración coas saias e cos postres!.
AS COLORIDAS PRINCESAS DE HAWAI.I COS COLARES E DIADEMAS DE FLORES DE PLUMERIAS
OS "TERRIBLES" KEIKIS DE HAWAI.I COS SEUS ADOBIOS DE PLUMAS
SAÚDAN FACENDO O SHAKA
E ESTE FOI O VIDEO QUE VIMOS PARA PREPARAN O HULA,
O martes os nenos de infantil asistimos as representacións que fixeron os maiores no salón da Biblioteca con motivo do Festival das Letras Galegas. Os pequenos estaban entusiasmados e os maiores que actuaron estiveron fantásticos!. Cando chegamos xa nos recibeu na porta Manuel que, disfrazado de trasno, estaba moi metido no seu papel. (As fotos non son moi boas porque rompeume a cámara e están feitas co móvil, pero pronto veremos máis na web do cole). As actuacións foron coordinadas e preparadas polos profesores Arancha e Xesús .
As obras e bailes representados para os de 3 e 4 anos foron estas e entre elas pasaban por alí os presentadores e tamén as fantasmas da Santa Compaña ...
"A pota que trota" títeres realizados por alumnosde 3ºB
"Grease" que bailaron os de 4ºC
"o gato na árbore" títeres polos de 3ºB
"Thriller" bailado polos nenos e nenas de 4ºB
"A bruxa Sinforosa" unha obra de teatro representada por alumnos e alumnas de 6ºC
"Móvete" un baile dos de 4ºC
Cando rematou a actuación, os pequenos tamén quixeron "actuar", así que subimos ao escenario saudamos, aplaudíronnos e sacamos algunhas fotos...
En esta presentación están algunas das fotos que saquei durante o Festival :
O antroido comezou deportivo e doce na clase. Chegamos vestidos de deportistas e cada un foi contando cal era o seu disfraz: xogadores do Barsa, xogadores/as "de España", árbitros, saltadores de obstáculos, tenistas, atletas, de ximnasia rítmica, ciclistas e varios máis. "Despois de tanto deporte entrounos a fame" e fomos poñendo nas mesas todos os doces típicos que trouxeron da casa para COMPARTIR e contando o que eran: un mundo de filloas e de orellas, rosquillas, rosquillas sen ovo, buñuelos, magdalenas, biscoitos ... e tamén houbo chourizos!
Nin que decir ten que comeron a fartar, antes do desfile. Despois de comer de todo, recollimos e limpamos as mesas e xogamos un ratiño. Cando María chegou polas clases coa bandeira dos xogos, preparámonos para o desfile no patio, onde xa estaban os nenos de primaria.
Aquí vai unha mostra do primeiro que fomos poñendo nas mesas... logo foron chegando máis doces!. E cando volvimos a clase aínda seguiron comendo, xa que nos chegou outra enorme bandexa de orellas e aínda nos quedaban filloas! ...e seguían tendo fame!(como aínda así quedaron moitas cousas, ao final baixáronselles para o comedor). Gracias pola vosa colaboración!.
Esta é unha secuencia de fotos de como foi o desfile desde que chegou a bandeira a nosa clase e baixamos ao patio cuberto. Están mesturadas fotos miñas coas de Bea, a mamá de Emma, que me mandou moitas para compartir con todos. Así, vemos o festival desde varias perspectivas.
O QUE AS FOTOS NON CONTAN : Por suposto o que as fotos non contan é a parte na que algúns se nos agarran das mans ou do que podían, asustados por verse no medio de tanto neno (case 700 e ademáis as visitas) e sobre todo tanto ruido (os maiores encantados, claro! e algún noso tamén...). Por moito que llo expliques, cando se ven no medio a cousa cambia, non había máis que ver de cerca algunhas cariñas!. Ao rematar o paseillo, subimos ao noso patio e logo, xa máis relaxados, decidimos baixalos á pista para seguir vendo o desfile e xogar cos globos que inflábamos Marta e máis eu, mentras escoitábamos "quero un, quero un!!!". Nas fotos tampouco está "o bonito momento" en que "ah! están comezando a caer unhas pingas!"e a facer frio", así que ... decidimos volvelos a subir. Volta a movelos!. É doado cando está un só grupo, pero aquí eramos 6 grupos mesturados por primeira vez nunha espazo novo para eles. Tampouco se ven os apuros de contar e recontar si os temos todos recollidos e controlados (eso nunca se ve: pero como lles digo na clase os profes non somos pulpos, pero debemos vir de serie con ollos no cogote!). Unha vez, tempo atrás, un neno díxome: "non me contes tanto que non son un número, eh". Logo, cando che preguntan "viches tal cousa?", tes que decir que non , que ti estabas mirando para abaixo... e camiñando marcha atrás, coma os cangrexos. Para axudar a recollelos e "entresacalos" do medio dos de 4 e 5 anos (que seguían no patio) botáronnos unha man os profes dos maiores e algunhas mamás que andaban por alí. Esta é a parte que non cabe nos cadros de horarios e nas programacións cando nos dín eso que nos encanta aos profes de infantil: "programa , programa..." e logo trata de meter eso no Xade!". (Para os que non estades no allo o Xade é o programa de xestión de datos")
Bueno, e como xa rematou o do cole, só queda desexarvos que o pasedes moi ben cos diferentes antroidos e tradicións que se espallan por toda a nosa xeografía nestas datas.
E GRACIAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN COS DISFRACES E COAS LARPEIRADAS.
Por fiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiín, despois de tanto tempo... e moitos intentos con distintos programas, fun quen de pasar os dous videos dos pitiños que se gravaron o curso pasado. Estaban nun formato que non subía ao blog porque non o recoñecía, e ademáis pesaba moito... Para mellorar o son, intentei quitarlle o fondo de ruido ambiente, pero bueno... son cousas do directo!. Nos ensaios púdonos un pouquiño o medo escénico.
Ademais, moitas gracias a Mariana, a mamá de Tiago, que foi a que os gravou.
O día 22 cos nenos e coas nenas de infantil, fixemos un festival para despedir este curso. Ensaiamos durante moitas sesións , preparamos obras, cancións, contos e recitados. Os ensaios saían pouco a pouco e preparamos bailes e ambientación, adornos e algúns, disfraces. Este foi o resultado, a pesar do medo escénico que nos entrou cando viron tanto público. Estaban encantados de subirse a un escenario, aínda que sexa tan pequeniño coma o que temos, xa que como decía Irene, "íamos facer como as princesas"e poderíamos saudar desde arriba....Pero cos nervios do escenario, case se nos olvidou saudar. Asegúrovos que nos ensaios, os pitiños movian a coliña, saltaban e cantaban moi forte, pero a pesar de todo sairon bastante airosos e sobre todo ... MOI GUAPOS !!! Intentarei pronto colgar un video da actuación dos pitiños
Aquí estamos, por fín, a clase dos caracois: xa disfrazados e listos para baixar a merendar. Como xa viñan da casa vestidos de escuro, só nos faltaba poñer os cornos cos ollos. Foron eles os que enrolaron os limpiapipas de cores nos cornos: non pensedes que lles foi doado, tiveron que esforzarse para poñerllos ben e que non lles caesen.
Despois da actuación do paiaso, puxemos os cornos , merendamos e rápidamente baixamos a ver as actuacións na pista.A clase dos caracois portouse realmente ben ¿non vos pareceu aos que os vístedes? Aguantaron así case ata o final, pero claro, cando estaba a punto de tocarnos aos nenos de catro anos o turno de desfilar, xa estaban un pouco cansos e moitos tiñan ganas de ir ao baño i eso é bastante contaxioso... así que comenzaron o desfile ... pero cara os baños...
Por fin, despois dos diferentes grupos de dormilóns dos grupos de primaria, o DJ deunos paso aos animaliños que representabamos oespertar da primavera que está a piques de chegar despois de durmir todo o inverno. Demos voltas e reviravoltas, cruzándonos por un lado coa clase das xoaniñas e a das bolboretas e por outro cos de cinco anos que cos seus diferentes disfraces representaban a ledicia e o desmadre do antroido. Cando rematamos subiron a seguir coa merenda e a xogar un pouco polo noso patio ata que foi a hora de marchar para casa. Algúns estaban xa moi cansos e, por fín rematamos arrastrándonos coma os caracois...
Agora ven a fase de agradecementos aos papás e as mamás :
por colaborar e buscarlles roupa escura para conxuntar o grupo.
por arrecadar aos caracois "despistados".
e por acompañar aos que tiñan que ir ao baño...
ESPERO QUE VOS GUSTASE O RESULTADO: CREO QUE, AÍNDA QUE SINXELO, QUEDOUNOS MOI BONITO.