O martes os nenos de infantil asistimos as representacións que fixeron os maiores no salón da Biblioteca con motivo do Festival das Letras Galegas. Os pequenos estaban entusiasmados e os maiores que actuaron estiveron fantásticos!. Cando chegamos xa nos recibeu na porta Manuel que, disfrazado de trasno, estaba moi metido no seu papel. (As fotos non son moi boas porque rompeume a cámara e están feitas co móvil, pero pronto veremos máis na web do cole). As actuacións foron coordinadas e preparadas polos profesores Arancha e Xesús .
As obras e bailes representados para os de 3 e 4 anos foron estas e entre elas pasaban por alí os presentadores e tamén as fantasmas da Santa Compaña ...
- "A pota que trota" títeres realizados por alumnosde 3ºB
- "Grease" que bailaron os de 4ºC
- "o gato na árbore" títeres polos de 3ºB
- "Thriller" bailado polos nenos e nenas de 4ºB
- "A bruxa Sinforosa" unha obra de teatro representada por alumnos e alumnas de 6ºC
- "Móvete" un baile dos de 4ºC
Cando rematou a actuación, os pequenos tamén quixeron "actuar", así que subimos ao escenario saudamos, aplaudíronnos e sacamos algunhas fotos...
En esta presentación están algunas das fotos que saquei durante o Festival :
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!