Fai uns días, estivemos experimentando con area. Collimos uns coadores e unha cubeta chea de area e estivemos separandoa por grosores: conseguimos unha cubeta chea de area moi fina e outra na que predominaban graos máis grosos e na que tamén atopamos restos de cunchas, polo que chegamos á conclusión de que tiña que ser area de praia... Falamos por tanto de como se produce a area e das forzas que traballan para facela a partir das rochas e das cunchas. Tamén traballamos o tacto e dibuxamos cos dedos. E por último dibuxamos o que fixemos. Quixemos tamén probar a coar a area do patio, para ver si tiña a misma composición pero, para variar, estaba moi mollada pola chuvia e non pasaba polos coadores... Outra vez será xa que nos gustou moito a experiencia.
This photo slideshow customized with Smilebox |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!