Na clase levamos varios días pintando "en grande". É decir, que collimos papel continuo e extendímolo polo chan, logo puxémos os nenos a cada lado e repartimos botes coa pintura e os pinceis ao longo do "lienzo". María e máis eu encargámonos de ir rotando as cores e os nenos só tiñan unha norma a seguir: non mesturar as cores. E, por suposto, non molestar aos outros pintores...
Como veredes nas fotos estaban moi concentrados na obra que fixemos en común... e quedounos moi bonita. Por suposto o estilo é "impresionista tirando a impresionante". Os nosos cadros están agora colgados polos corredores do cole.
Unha obra cooperativa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!