mércores, 20 de febreiro de 2013

CONCERTO DISNEY DA BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO

   Este martes  as tres clases de 3 anos fixemos unha saída ao Auditorio de Santiago para escoitar un Concerto da Banda Municipal sobre as películas de Disney favoritas dos nenos: A Sereiña, a Bela e a Besta, Shrek, o Rei León, Tarzán... e unhas cuantas máis. Antes de sair comprobamos na páxina da AEMT o tempo que teríamos e tamén merendamos. Fomos ao baño "un par de veces"... para evitar apuros. Repasamos as normas para as saídas ... e listos!



   
    

  
    
       Para algúns era a primeira viaxe en autobús (como saimos os primeiros, deixeilles escoller o autobús  e elixiron máis grande...). Levounos un ratiño acomodarnos e poñer os cinturóns, fomos falando durante todo o traxecto e pasámolo moi ben. Cando chegamos ao auditorio tomamos asento, algo dificil, xa que os asentos levantábanse sós e moitos "non daban o peso". Xa preparados (había nenos de outros colexios e a nós tocounos diante), comezou o ensaio e algúns taparon os oidos xa que lles parecía un pouco forte... Logo por fín saiu o Director e comezou o Concerto: os nenos disfrutaban ao recoñecer as pezas musicais e as escenas que se proxectaban detrás da Banda. Pasámolo moi ben! Cando volvimos viñan cansos e varios durmironse , algún incluso durante o concerto! 
     E portáronse moi ben!.


concerto disney da banda municipal 2013 - presentacion imagenes

    Para rematar ... pudemos comprobar "as instalacións sanitarias do auditorio", xa que a pesar de ir un par de veces antes de saír,  tivemos que ir comprobar os estados dos baños unhas cuantas veces.
    E un apunte sobre as prioridades dos pequenos: algún  quedou algo frustrado, xa que non pudemos ir ver os patos do estanque do Auditorio que víramos en internet. Outra vez será! 

domingo, 10 de febreiro de 2013

ANTROIDO DEPORTIVO E DOCE

    O antroido comezou deportivo e doce na clase. Chegamos vestidos de deportistas e cada un foi contando cal era o seu disfraz: xogadores do Barsa, xogadores/as "de España", árbitros, saltadores de obstáculos, tenistas, atletas, de ximnasia rítmica, ciclistas e varios máis. "Despois de tanto deporte entrounos a fame" e fomos poñendo nas mesas todos os doces típicos que trouxeron da casa para COMPARTIR e contando o que eran: un mundo de filloas e de orellas, rosquillas, rosquillas sen ovo, buñuelos, magdalenas, biscoitos ... e tamén houbo chourizos! 
     
    Nin que decir ten que comeron a fartar, antes do desfile. Despois de comer de todo, recollimos e limpamos as mesas e  xogamos un ratiño. Cando María chegou polas clases coa bandeira dos xogos, preparámonos para o desfile no patio, onde xa estaban os nenos de primaria.

    Aquí vai unha mostra do primeiro que fomos poñendo nas mesas... logo foron chegando máis doces!. E cando volvimos a clase  aínda seguiron comendo, xa que nos chegou outra enorme bandexa de orellas e aínda nos quedaban filloas! ...e seguían tendo fame! (como aínda así quedaron moitas cousas, ao final baixáronselles para o comedor). Gracias pola vosa colaboración!.


doces antroido 2013 - presentacion imagenes

    Esta é unha secuencia de fotos de como foi o desfile desde que chegou a bandeira a nosa clase e baixamos ao patio cuberto. Están mesturadas fotos miñas coas de Bea, a mamá de Emma, que me mandou moitas para compartir con todos. Así, vemos o festival desde varias perspectivas. 



 
   O QUE AS FOTOS NON CONTAN  :
    
       Por suposto o que as fotos non contan é a parte na que algúns se nos agarran das mans ou do que podían, asustados por verse no medio de tanto neno (case 700 e ademáis as visitas) e sobre todo tanto ruido (os maiores encantados, claro! e algún noso tamén...). Por moito que llo expliques, cando se ven no medio a cousa cambia, non había máis que ver de cerca algunhas cariñas!. Ao rematar o paseillo, subimos ao noso patio e logo, xa máis relaxados, decidimos baixalos á pista para seguir vendo o desfile e xogar cos globos que inflábamos Marta e máis eu, mentras escoitábamos "quero un, quero un!!!". Nas fotos tampouco está "o bonito momento" en que "ah! están comezando a caer unhas pingas!" e a facer frio", así que ... decidimos volvelos a subir. Volta a movelos!. É doado cando está un só grupo, pero aquí eramos 6 grupos mesturados por primeira vez nunha espazo novo para eles. Tampouco se ven os apuros de contar e recontar si os temos todos recollidos e controlados  (eso nunca se ve: pero como lles digo na clase os profes non somos pulpos, pero debemos vir de serie con ollos no cogote!). Unha vez, tempo atrás, un neno díxome: "non me contes tanto que non son un número, eh". Logo, cando che preguntan "viches tal cousa?", tes que decir que non , que ti estabas mirando para abaixo... e camiñando marcha atrás, coma os cangrexos. Para axudar a recollelos  e "entresacalos" do medio dos de 4 e 5 anos (que seguían no patio) botáronnos unha man os profes dos maiores e algunhas mamás que andaban por alí.
     Esta é a parte que non cabe nos cadros de horarios e nas programacións cando nos dín eso que nos encanta aos profes de infantil: "programa , programa..."  e logo trata de meter eso no Xade!". (Para os que non estades no allo o Xade é o programa de xestión de datos")

    Bueno, e como xa rematou o do cole, só queda desexarvos que o pasedes moi ben cos diferentes antroidos e tradicións que se espallan por toda a nosa xeografía nestas datas .

 E GRACIAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN COS DISFRACES  E COAS LARPEIRADAS.

xoves, 7 de febreiro de 2013

PLUMAS ...

     Onte pintamos uns antifaces usando ceras e logo pegámoslles por detrás todas as plumas que quixemos (de esas tan vistosas dos plumeiros..) e  por diante un toque de purpurina e quedáronnos preciosos!

ANTROIDO E DEPORTES

     Este ano o noso Antroido está dedicado aos hábitos saudables, especialmente ao deporte, e cada curso vaise disfrazar seguindo este tema. Para traballalo na clase levamos varios días falando de deportes e busqueilles en internet imaxes de moitos deles. Despois cada un escolleu os que  máis lles gustaban e buscamos "na caixa das cabezas cortadas" as nosas para pegalas ... e logo decoramos como mellor nos pareceu.



    {Por exemplo Arancha quixo "disfrazarse" de tenista e como estaba de cumpreanos (é a primeira da clase que cumple os catro)  trouxonos caramelos para compartir. Aquí está soprando as catro veliñas.}
  

      








     A maioría conocían todos os deportes dos que falamos, pero non así a ximnasia rítmica e o patinaxe sobre xeo, así que  púxenlles un par de videos para que os viran e encantáronlles ... as cintas, os aros e sobre todo os traxes que levaban as nenas: "brillos e cores impactantes". Cando rematamos de velo, moitas xa decían "eu quero ser eso!". Os deportes escollidos,  igual nos indican por onde van as aficións de cada neno e nena e sobre todo a que se atreven : lanzarse dun trampolín, saltar a cabalo, botarse montaña abaixo na bici...


mércores, 6 de febreiro de 2013

ANTROIDO

    En clase andamos a voltas co Meco. Cada día seguimos as súas instruccións e traemos algo na cabeza, algo no pescozo ou a cara pintada. De paso, ademáis de falar da tradición, estamos a tolear: sombreiros grandes e pequenos que quitamos e poñemos e miramos e prestamos , garabatas, moreas de panos e colares que non paramos de quitar e poñer e prestar e ensarillar...  e romper claro. Logo na clase temos colares e plumas e antifaces e as veces poñemos todo xunto e unhas cousas por riba de outras... Cousas do antroido 





 
     E, como non, todas queren ser princesas ou fadas e eles batman ou superman ou spiderman ou algo con moitos poderes... Trátase de transformarnos no que non somos. Así que baixamos de internet uns cuantos modelos  de disfraces e cada un deixouse levar pola imaxinación e escolleu o que quixo e logo pegamoslles as nosas cabezas para disfrazarnos no papel: aínda que tiñan montóns de modelos diferentes para non repetirse, veredes como a metade das nenas escolleu un disfraz de fada ... de cor ROSA.   



antroido 2013 - diapositivas

     E mañan máis ... xa que este ano o tema común do antroido do colexio son os deportes e a vida saudable. Nos xa empezamos coas larpeiradas e aquí quería poñer unha foto da merenda sana e saudable que comeron estos días, xa que Emma trouxo un biscoito de chocolate para compartir (dixo que o fixo ela sóa e que Bea a súa nai "lle axudou")... pero cando me acordei da cámara xa non quedaba nada: estaba moi rico!. O outro día Alexia, a mamá de Candela, tamén nos mandou unhas rosquillas boisimas e Candela pasouno en grande cortándoas en anacos e repartindoas ... TAMPOUCO DEIXAMOS NADA! . GRACIAS AS DÚAS!