Este ano o noso Antroido está dedicado aos hábitos saudables, especialmente ao deporte, e cada curso vaise disfrazar seguindo este tema. Para traballalo na clase levamos varios días falando de deportes e busqueilles en internet imaxes de moitos deles. Despois cada un escolleu os que máis lles gustaban e buscamos "na caixa das cabezas cortadas" as nosas para pegalas ... e logo decoramos como mellor nos pareceu.
A maioría conocían todos os deportes dos que falamos, pero non así a ximnasia rítmica e o patinaxe sobre xeo, así que púxenlles un par de videos para que os viran e encantáronlles ... as cintas, os aros e sobre todo os traxes que levaban as nenas: "brillos e cores impactantes". Cando rematamos de velo, moitas xa decían "eu quero ser eso!". Os deportes escollidos, igual nos indican por onde van as aficións de cada neno e nena e sobre todo a que se atreven : lanzarse dun trampolín, saltar a cabalo, botarse montaña abaixo na bici...
{Por exemplo Arancha quixo "disfrazarse" de tenista e como estaba de cumpreanos (é a primeira da clase que cumple os catro) trouxonos caramelos para compartir. Aquí está soprando as catro veliñas.}
A maioría conocían todos os deportes dos que falamos, pero non así a ximnasia rítmica e o patinaxe sobre xeo, así que púxenlles un par de videos para que os viran e encantáronlles ... as cintas, os aros e sobre todo os traxes que levaban as nenas: "brillos e cores impactantes". Cando rematamos de velo, moitas xa decían "eu quero ser eso!". Os deportes escollidos, igual nos indican por onde van as aficións de cada neno e nena e sobre todo a que se atreven : lanzarse dun trampolín, saltar a cabalo, botarse montaña abaixo na bici...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!