Este martes as tres clases de 3 anos fixemos unha saída ao Auditorio de Santiago para escoitar un Concerto da Banda Municipal sobre as películas de Disney favoritas dos nenos: A Sereiña, a Bela e a Besta, Shrek, o Rei León, Tarzán... e unhas cuantas máis. Antes de sair comprobamos na páxina da AEMT o tempo que teríamos e tamén merendamos. Fomos ao baño "un par de veces"... para evitar apuros. Repasamos as normas para as saídas ... e listos!
Para algúns era a primeira viaxe en autobús (como saimos os primeiros, deixeilles escoller o autobús e elixiron máis grande...). Levounos un ratiño acomodarnos e poñer os cinturóns, fomos falando durante todo o traxecto e pasámolo moi ben. Cando chegamos ao auditorio tomamos asento, algo dificil, xa que os asentos levantábanse sós e moitos "non daban o peso". Xa preparados (había nenos de outros colexios e a nós tocounos diante), comezou o ensaio e algúns taparon os oidos xa que lles parecía un pouco forte... Logo por fín saiu o Director e comezou o Concerto: os nenos disfrutaban ao recoñecer as pezas musicais e as escenas que se proxectaban detrás da Banda. Pasámolo moi ben! Cando volvimos viñan cansos e varios durmironse , algún incluso durante o concerto!
E portáronse moi ben!.
concerto disney da banda municipal 2013 - presentacion imagenes
Para rematar ... pudemos comprobar "as instalacións sanitarias do auditorio", xa que a pesar de ir un par de veces antes de saír, tivemos que ir comprobar os estados dos baños unhas cuantas veces.
E un apunte sobre as prioridades dos pequenos: algún quedou algo frustrado, xa que non pudemos ir ver os patos do estanque do Auditorio que víramos en internet. Outra vez será!
UN VIDEO PRECIOSO
ResponderEliminarUN 10 PARA LOLY
UN 10 PARA EL MONTAJE
UN 10 POR LOS COMENTARIOS Y
UN 10 PARA LOS NIÑOS
moitas, moitas gracias!
Eliminar