Fai unhas semanas comezamos unha actividade relacionada coa natureza, co respeto e o coidado do entorno máis próximo.
Queremos que coñezan como se producen algúns dos alimentos que comemos... e que valoren o esforzo que supón o traballo no campo.
Resulta que na clase temos aínda as espigas do millo que se trouxera a clase no outono e non tíñamos pensado facer nada máis con el hasta o día que saímos a Castrigo e atopamos unha horta plantada de novo, na que vimos unhas coles (como as do conto do coelliño branco que tanto nos gusta). Aquel día díxenlles que para que o millo medrase máis que o que temos nas macetas de clase, tíñamos que plantalo na terra. Así que pensamos facer unha pequena horta no cole.
Ensineilles aos nenos un pequeno recuncho de terra onde temos a laranxeira e que estaba un pouco "a monte". Non temos moito sitio, pero a ventaxa é que que está illado e ten auga.
Comezamos un día "explorando" o terreo para ver as posibilidades, pero despois non parou de chover e a actividade foisenos retrasando moito, logo estropeouse a cámara onde estaban a maioría das fotos e agora por fín pódovos mostrar o que levamos feito ata o de agora. Eu fun podando as ramas baixas do aligustre para poder andar por alí e retiramos as camelias mortas (estarían cheas de flores se non fose que lles cortaron a piel a carón...).
Outro día fomos arrincando as herbas e os nenos axudaron a amontonalas ... levamos ferramentas e todo!. Por certo, gústalles máis amontonar que arrincar... Tamén se apuntaron os nenos da clase de María José e os de Marta. De paso estamos pensando o que podemos sementar cando deamos montado os bancais, e tamén queremos poñer un par de árbores froiteiras. Bueno, os nenos querían poñer de todo... pero o sitio é moi pequeniño. É unha actividade que continuaremos o curso que ven, xa que este está a punto de rematar.
Aquí estamos en faena:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!