Continuamos coas visitas lectoras. Lucas A. invitou a Belén e Belén trouxonos un libro con moitos contos: un deles era "O disfraz de superheroi". Lucas estaba moooi nervioso e emocionado cando nos presentou á súa mamá.
O conto trata dun neno que, casualidade, tamén se chamaba Lucas. A súa nai faille un disfraz de superheroi con cousas que ten pola casa: un gorro de ducha, un rombo cunha enorme L cosida e telas para a capa.... Pero os disfraces hai que probalos. E Lucas ten a ocasión de rescatar ao seu gato Zarpas que sube a unha árbore e logo non se atreve a baixar...
O público presentándose.
Fixeron preguntas sobre o gatiño. Sobre todo querían saber qué se lle perdía subindo á árbore?. Algúns decían que o conto non estaba rematado... porque era moi gordo e Belén non o lera todo....
Despois tivemos que cambiar de actividade porque a capacidade de atención é limitada.... Contámoslle a Belén algo do que estamos aprendendo sobre o Quijote... (fixemos algo de teatro... xa vos contaremos)
Lucas A. despedindo á súa mamá. Gracias por vir Belén !
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!