Hoxe foi o turno de Paula, que invitou á súa nai para lernos o conto de Carapuchiña Vermella. Paula estaba tan emocionada que case non dixo palabra!. Sandra chegou cunha maleta negra que xa os intrigou cando a viron, porque os impacientes querían ver o que contiña.
Primeiro presentámonos e algúnha púxose tan nerviosa que non lle saía nín o seu nome... Non é o habitual porque normalmente falan polos codos....
Despois Sandra comezou a sacar cousas da maleta: O conto de Carapuchiña vermella, e varias marionetas co personaxe principal. Paula, ensinounos no móvil unhas fotos que sacou con súa irmá María e a "Carapuchiña de verdade"
Carapuchiña, nas máns de Paula que estaba de axudante de mamá, transformábase no lobo e despois na avóa... É un tipo de títeres moi interesantes que teñen os tres personaxes principais nunha sóa peza, só con darlle a volta.
Tamén nos mostrou varias carautas dos personaxes:
Un público bastante atento na súa maioría, sobre todo porque, aínda que a historia é un clásico, esta versión tiña un pequeno cambio, xa que o que aparecía no bosque era o fillo do lobo feroz... Que se parecía ao lobiño bo de "Feliz feroz"... Eso sí, Carapuchiña segue a ser un chisco desobediente falando con calquer descoñecido como me dixo Jordán ....
Despois fixéronlle algunha
pregunta sobre o conto, principalmente sobre o cazador e a súa
machada... Acabamos falando de motoserras...
E rematamos porque chegou Gloria con Cheeky Monkey para a sesión de inglés e deixounos abraiados co seu "Very Big Bad Wolf !". Vamos: o enorme lobo malo de toda a vida!
Aquí están Paula e Sandra, que ao principio me decía que estaba un chisco nerviosa polo público. Certo que non é o mesmo contarlle un conto a unha ou dúas sentadiñas no colo ou na cama, que a 25 que non paran, pero xa vedes que aínda que movidillo é un público entregado.... Gracias Sandra por vir a pasar este ratiño con nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!