Noemi, a nai de Thayssa, foi a nosa convidada para vir a clase a contarnos BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS. Traía un libro con este conto para nenos... ou eso parece, porque se o analizamos está cheo de violencia ata o final, en que todo se resolve con un bico de amor.
Pero nesta historia hai crimes, envexa, ciumes, enganos, venganza, persecucións... Ata hai canibalismo e ningún se sorprende de que a malvada bruxa queira comer o corazón de Brancaneves!. Tampouco cuestionamos que no medio do terror e das persecucións a que está sometida Brancaneves, o primeiro que se lle ocurra cando chega a casa dos ananiños sexa comezar a ordenar, limpar e cociñar... Un xeito nada sutil de transmitir a cuestión dos roles femeninos.
A versión que nos leeu Noemi é a habitual para os pequenos e todo se resolve sin problemas: a bondade triunfa e a maldade é castigada: como debe ser!.
Outra cuestión neste conto sería o xeito no que se fala da beleza. ¿É boa porque é fermosa?
Espelliño, espelliño, dime unha cousa
quén é de todas a máis fermosa?
Brancaneves é un deses contos clásicos través dos cales os nenos se achégan aos perigos pero á vez
se sinten seguros no seu mundo cando todo se ordena e resolve como é debido.
Escoitamos a lectura e despois fixemoslle preguntas a Noemi: sobre a bruxa, a mazá envenenada, e moitas sobre o cabalo do príncipe... Nótase que esta é a etapa dos porqués.
Aquí está Thayssa encantada coa visita da súa nai.
Moitas Gracias Noemi por vir a clase a pasar un ratiño con nós!
**************************************
Jacob e Wilhelm Grimm (Alemania 1786-1859), os famosos irmáns GRIMM, son coñecidos sobre todo polas súas recopilacións de contos populares, e tamén por outros traballos de historia da lingüística e a filoloxía alemanas.
Entre 1812 y 1822, os irmáns Grimm publicaron "Contos infantis e do fogar", unha coleción de contos populares recollidos en diferentes tradicións alemanas.
Entre 1812 y 1822, os irmáns Grimm publicaron "Contos infantis e do fogar", unha coleción de contos populares recollidos en diferentes tradicións alemanas.
Os textos fóronse adornando e moitas veces variando e censurando de edición en edición por causa da súa violencia e extrema dureza. Os irmáns sempre se defendían das críticas decindo que non eran historias para nenos... Igual por iso agora estamos vendo no cine cada vez máis adaptacións de estos contos para un público maior nas que se aprecia máis contido adulto e violento...
De todos xeitos as versións fóronse adaptando como contos infantis e dulcificandose sobre todo nas versións Disney. E si vos fixades ao que máis prestan atención non é aos lindos animaliños e aos paxariños que falan docemente con Brancaneves. Non, o que os atrae máis é a violencia da malvada raiña convertida en bruxa que manten aos nenos cerca do perigo enfrontandose aos seus medos, pero en un entorno seguro, porque todo remata ben ... e sempre poden pechar o libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!