Entre as actividades que se realizan no Ceip A Maía para o mes do libro están os amadriñamentos lectores. Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de 3º de primaria os que nos viñeron a ler aos pequenos de 3 anos. A actividade está organizada pola profe Ana de AL e realizouse na hora de ler despois do recreo nun espazo que estamos acondicionando.
Ao principio estaban todos algo tímidos e con vergoña (os pequenos), pero despois soltáronse cando viron que había algún irmán e varios coñecidos e resultou unha experiencia inesquecible e moi divertida.
A lectura era por parellas: un maior falaba e contaba o seu conto a un pequeno e cando remataba cambiaban de parella... No kizoa podedes ver como foi o madriñamento. Pasámolo moi ben!
Gracias por vir de madriñas e padriños lectores!
Que gran iniciativa,y que atentos se les ve a tod@s cuando les cuentan el cuento.Enhorabuena.
ResponderEliminar