xoves, 5 de maio de 2016

Fran, Inés... e dous contos de coelliños

   Inés F. trouxo de convidado para contarnos contos a seu pai. Fran traía dous libros con historias de coellos: SOPA VERDE  e O COELLIÑO BLANCO. Inés estaba encantada con seu pai na clase e preparou as sillas para presentarnos e comezar coas lecturas.


SOPA VERDE é un  texto da portuguesa  Ângela Madeira, ilustrado polo  francés Till Charlier con acuarelas e ordenador. Un libro interesante á hora de motivar aos nenos a comer variado. A primeira infancia é cando se forman moitos dos hábitos da vida e tamén os hábitos alimenticios. Todos vimos nenos e nenas aos que lles costa comer, sobre todo probar cousas novas. Igual que o coelliño caprichoso da historia de SOPA VERDE que só quere comer sopa feita con cousas de cor verde.... Ata que, medio enganado polos seus amigos, proba a sopa de todo o que antes rexeitara. E GÚSTALLE!


                                            A ver cantas de estas  vos gustan!

      O COELLIÑO BLANCO que nos leu Fran, é un dos nosos contos favoritos xa que ten de todo: aventuras, amizade, medo...  E sobre todo un heroi ao que non lle importa o seu pequeno tamaño para axudar a un amigo, cando os que son grandes non se atreveron. Os nenos a primeira vez que o escoitan quedan desconcertados cando ven que os grandes tamén teñen medo, e deseguida se sinten identificados coa pequena formiga valente. Ademáis o libro traballa as rimas de xeito moi divertido.
    Despois de escoitar a Fran fixéronlle algunhas preguntas sobre os personaxes e tamén buscamos no ordenador as verduras verdes que aparecen en SOPA VERDE para facer unha ficha e pintalas. E puxémonos a buscar todo tipo de tonos de verde, mais claros, máis escuros...
   Cando rematou a sesión Inés quedou un pouquiño triste porque non quería deixar marchar a Fran. Pensaba que quedaba toda a mañán!.     
                              Premendo na imaxe podedes ver o KIZOA coas fotos da visita.

Premer AQUÍ
Moitas gracias Fran por compartir este ratiño con nós! 

E  podedes imprimir "a terrible cabra cabresa que si nos salta enriba rómpenos a cabesa!
E con esta lámina tamén podemos  aprender os nomes en inglés!

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!