Cesar, o convidado de Lucas B., foi o primeiro pai que nos veu ler un conto dentro das actividades do mes do libro. Lucas estaba radiante cando chegou Cesar co conto de PULGARCITO.
Preparoulle a silla dos contos e sentouse a carón del para presentalo e facer de axudante. Despois presentáronse todos e Cesar contounos este conto do século XVII.
Non é só un sinxelo conto infantil, senón que trata problemas máis serios: os nenos son "abandonados" no bosque polos problemas económicos de seus pais, Polgariño ten problemas de tamaño, superan moitas dificultades, enfróntanse a medos terribles.... Foi escrito por Charles Perrault, un escritor francés (París 1628-1703), famoso polos contos clásicos infantis como Pel de asno, Polgariño, Barba Azul, Cenicienta, A bela durminte, Carapuchiña vermella e o gato con botas...
Perrault foi un importante funcionario real, chegou a ser membro da Academia francesa e escribeu moitas obras, sobre todo loubando ao rei Luis XIV, o rei Sol. Pero o que lle dou verdadeira fama foron os "Contos do pasado". Un libro que pasou a chamarse "Contos de mamá
ganso" (publicado en 1697) onde
se atopan a maioría dos seus contos máis famosos. Estes, e non os outros,
son os que pasaron á historia da literatura chegando ata nós coa mesma frescura coa que foron escritos, despois de que o autor os recollese da tradición
oral.
A nós chegáronnos sen a crudeza e crueldade das versiós orais. (Na historia orixinal
de Perrault o lobo come a Carapuchiña... e así remata o conto!). Case todos son contos con moralexa, cheos dun encanto que os converteu
nas lecturas favoritas dos nenos de tódolos tempos.
Os personaxes destes contos son nenos e nenas inocentes no medio de fadas, ogros, animais que falan, bruxas e
príncipes encantados, entre outros. O ben e o mal.... O escritor
ademáis retratou os costumes dunha época na que a maioría non estaba conforme
coa súa situación socioeconómica. Para darlle esperanzas ao pobo nun período histórico duro para a xente normal, despois de superar mil e un problemas e dificultades, case sempre lles poñía finais felices.
Despois de oir o conto tivemos unha sesión de preguntas para Cesar: para qué Polgariño tiraba pedriñas polo camiño?, qué é un ogro?, por qué comía nenos?, por qué comeu ás súas propias fillas? (aquí os que estaban despistados non se percataron do cambiazo que dou Polgariño coas coroas e gorriños...)
Cesar traía tamén outro "bestseller" para estos pequenos: A PATRULLA CANINA!. Lucas B. mostrounos o seu libro de colorear e todos tolearon literalmente cos personaxes e díronnos a Cesar e a mín unha clase explicando quén era quén e a súa cor, os seus nomes, os que máis lles gustaban ... Ejemmmmm
Despois deseñamos entre todos unha ficha na PDI para colorear e escollimos uns personaxes para traballar o número 2. Por suposto escolleron dous da patrulla canina!.
E para rematar despedimos a Cesar na clase de Psicomotricidade e ensinámoslle como tiramos a muralla de bloques antes de comezar a sesión.
Moitas gracias Cesar por vir este ratiño a clase!
premer AQUÍ para ver o kizoa coas fotos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!