mércores, 25 de maio de 2016

A visita de Mayte

Seguindo coas visitas lectoras, tocoulle o turno a Mayte, a nai de Martina, que estaba un puntiño máis alá de impaciente... Mayte trouxo varios contos pensados para romper tópicos e para facer pensar nas cousas desde un punto de vista diferente e integrador. Contounos primeiro O CONTO DAS CORES nas que cada unha delas se sinte e comporta dun xeito diferente ata que chegan os aburridos incoloros e pretenden cambialos. Pero as cores non se deixan e ademáis fan aparecer unha nova: a cor VIOLETA.

 Despois leunos o divertido libro "LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS" co que se rompen tópicos partindo dos contos tradicionais das princesas: na clase a Laura xurdiulle unha dúbida moi importante despois de falar sobre Cincenta xa que o seu amigo Marcelo díxolles que a famosa e delicada princesa tirábase moitos peidos. Ela non o podía crer e cando chegou a casa preguntoulle a seu pai. El, que lle gustan moito os libros e as boas historias, tiña o libro secreto das princesas onde Laura atopa as respostas a todas as súas preguntas. Ese libro sería un segredo entre pai e filla. Así lle explica a verdadeira historia da Cincenta, de Brancaneves e a Sereiña. Laura xa pode estar tranquila: as princesas botan peidos! E NON PASA NADA!!!
     Unha historia escrita por Ilan Brenman para darlle unha volta divertida aos contos máis clásicos  e romper tópicos. A ilustración de Ionit Zilberman  é moi divertida, e métenos nun  mundo de princesas un pelín peideiras. Se ledes o libro veredes porqué os ananiños meten a Brancaneves nunha caixa de cristal!! UFFF
     Despois Mayte leunos "O DÍA DOS PÉS", un pequeno conto sobre unha parte do corpo que sempre esquecemos e temos encerrada entre calcetíns e zapatos de todo tipo. Un día os pés van por libre e na clase xogamos con eles un rato moi divertido. Ademáis como despois tíñamos clase de psico tocounos descalzarnos para liberar os pés... Sempre é un momento moi relaxante e divertido e que nos fai moita falta!

  Gracias Mayte por estes contos tan divertidos e por pasar este ratiño con nós! 
premendo AQUÍ está o KIZOA coa s fotos do día

9 comentarios:

  1. A Alma el cuento que más le gustó y le llamó la atención fuè el de las princesas se tiran pedos,jajajaja, que pensaría ella de las princesas ?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ademáis de que están nunha etapa no que todo o escatolóxico lles encanta é o que teñen os contos cando lles buscas as voltas... Fanlles pensar e ver as cousas de outro xeito...

      Eliminar
  2. Moitas grazas a ti, Loli, por deixarnos vivir esta experiencia 😊. Pero eu non son capaz de abrir o kizoa 😔

    ResponderEliminar
  3. Grazas a todas e todos por participar, os nenos están encantados de que veñades a clase.
    Para abrir o kizoa igual che tarda un pouco a primeira vez, pero volve probar a ver

    ResponderEliminar
  4. Nada, non hai forma. Ata o de agora puiden velos todos e sen máis... imposible!!! Nin na tablet, nin no mòvil, nin este nin ningún outro 😳😳

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois si sempre os pudeches ver non entendo cal pode ser o problema. Terás algo bloqueado?

      Eliminar
    2. Pues si que deve de haber algún problema, porque yo tampoco soy capaz de verlo,dice que se cometió un error.

      Eliminar
  5. Por fin!!!! Puiden velo, pero no pc. . Qué bonito!! Moitas grazas, Loli!!! Menudo traballo pasas! A Martina tamén lle encantou.

    ResponderEliminar
  6. ufff, menos mal porque mirei no programa do Kizoa, vía que tiña visitas e xa non sabía cal podía ser o problema. Alégrome que vos gustase. Grazas!

    ResponderEliminar

Comentarios: a túa opinión conta!