A principios do outono atopamos as landras do carballo americano que temos no patio e tamén moitas sementes de arce (as que vos levaron algúns para casa). Contamos o conto de "Xaime e as landras" e fixemos coma o protagonista: plantar algunhas das landras en macetas de clase. Esperamos e esperamos... pero debeunos pasar coma no conto e non naceu ningún carballo.
Despois probamos con outras sementes máis grandes (aguacates) e máis pequenas (liño) con diferentes resultados. Tamén plantamos os curiosos rizomas do xenxibre e estos parecen a piques de agromar.
Un día trouxenlles moitos bulbos de tulipáns e na etiqueta pareceunos unha flor preciosa e baixamos a plantalos no xardín. Costounos atopar ocos porquexa temos plantados bulbos de narcisos e tamén allos de monte que darán unhas delicadas flores blancas dentro de nada. Aprendimos o xeito correcto de plantalos, co pico para arriba e agora toca esperar ata a primavera!
Están todos echos unos grandes jardineros .
ResponderEliminarPois sí, pero van ter que esperar á primavera e practicar a paciencia... A ver si desta conseguimos ter tulipáns! E que sexan tan bonitos como os da foto da caixa jeje
ResponderEliminar