Celebramos o Día da Paz con todos os nenos do colexio. Cada nivel tiña que traballar sobre un lema e o noso era "AXUDAR ÓS DEMÁIS". Tíñamos que facer unha pancarta que explicase ós outros nenos o que nós entendimos por eso. De primeiras costounos, pero logo colleron carreiriña e dixeron moitas maneiras de axudar ós demáis que eu íba escribindo no encerado... Despois tiven que buscar un dibuxo axeitado ó que eles querían decir, e púxenllo nunhas mans coas que fixemos un xardín con flores solidarias. Ademáis, premendo AQUÍ, podedes ver no enlace coa web do cole como foi a xornada con todos os nosos compañeiros.
E hoxe baixamos a compartir con todos a nosa pancarta e ver as dos demáis. Como somos dos máis pequenos tocounos sitio preferente e vimos chegar todas as pancartas. Tamén cantamos a cantarela dos nenos de Xosé Neira Vilas (amiguiños todos...) e algún animouse tamén a bailar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!