Unha das primeiras músicas da humanidade foi de percusión repetindo distintos ritmos. Tamén é a primeira forma na que os pequenos se achegan á música. Non tedes máis que velos no patio cando as palas e os cubos se convirten en baterías!. Nós fixemos o mesmo, achegarnos á percusión empregando xogos rítmicos. Primeiro facémolo con partes do noso corpo, con palmadas nas máns, nas pernas, no chan... E despois empregamos os paos de madeira das construcións.
Xogamos coa forza, a
intensidade, a velocidade e o silencio. Traballamos os graves e os agudos e sobre todo traballamos a discriminación auditiva. Intentamos imitar e repetir
distintos patróns rítmicos. Conseguimos facelo en grupo bastante ben,
pero o que nos costaba moito era que distintos grupos fixesen ritmos
diferentes... todos rematabamos co mesmo. Queda para máis adiante...
Para meternos en ambiente con algo de humor, primeiro vimos o corto de animación que vos enlazo aquí : "Alfredo o cavernario". Despois pasámolo moi ben facendo "ruido". (A música do video é de Dawid Jaworski).
"O ritmo é a base da música, repítese e repítese (o que dá seguridade) e pode cambiar o ánimo das persoas, porque estimula a parte do cerebro que se encarga das funcións vitais, proporciona placer e provoca emocións."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!