mércores, 3 de febreiro de 2016

As pantallas de Xinzo

    A voltas co Antroido, hoxe recibimos a invitación de Rosana para poder ver un auténtico disfraz de Pantalla de  Xinzo de Limia. Soupemos  que levan vexigas para darlle con elas á xente. (Ver  a entrada que puxo no seu blog  AQUÍ )
   Así que alá fomos: un chisco preocupados polas escaleiras, xa que a aula de Rosana está no piso de arriba), aproveitamos que estaba a profe Andrea con nós  e subimos. Levounos un chisco chegar  porque entre que imos amodiño e fomos mirando os traballos dos nenos no piso de arriba e paramos nas clases dos compañeiros de 3 anos que están con  María e Marta...


      Rosana explicounos as partes do traxe e os nenos fixéronnos un recitado. Despois, cando baixamos a clase, buscamos en internet unha pantalla para pintar.


Grazas Rosana!

2 comentarios:

  1. Que bueno,y además se les ve a todos muy interesados en la explicación,aparentemente ehhhh.

    ResponderEliminar
  2. Foi toda unha excursión ir ao piso de arriba, "coñecer o centro" e ver as aulas dos nosos compañeiros. E si, "case todos" estiveron bastante atentos: non é o mesmo explicalo traxe típico das pantallas con fotos e dibuxos q ter un de verdade diante...

    ResponderEliminar

Comentarios: a túa opinión conta!