Á volta do recreo fomos á sala de Psicomotricidade, e despois de repasar as normas (sobre todo de respeto e seguridade), descalzámonos, ordenamos os zapatos e repartínlles teas de moitas cores para comezar unha sesión que hoxe necesitábamos para descargar tensións xa que antes do recreo tivemos un par de momentos algo conflictivos. (Sobre a psicomotricidade recoméndovos un artigo que está na web do cole premendo AQUÍ).
Cada un colleu as teas que quixo, sin discutir polas cores, convertíronas en saias, vestidos, capas de superherois, princesas, cabaleiros, sereas ou piratas... Cada un disfrazouse como quixo sin máis gastos que as teas... Fixeron e desfixeron grupos, transformáronse en personaxes das súas pelis favoritas, axudáronse uns aos outros nunha sesión moi tranquila e relaxada... e finalmente recolleron e ordenaron todo moi ben.
Claro,ahora entiendo porqué me pregunta todos los días si tiene spico,se lo pasan en grande.
ResponderEliminarUn sitio grande, axeitado ás necesidades de espacio e de movemento dos pequenos, no que poden moverse e xogar establecendo eles as pautas de xogo, coas únicas e importantísimas normas de respeto aos demais, ao material e a un mesmo... Claro q lles encanta!
ResponderEliminar