xoves, 25 de febreiro de 2016

Pan da Maía

  O pan é un dos nosos alimentos básicos, todos sabemos como sabe e onde o mercan mamá ou papá... pero non todos sabemos como se elabora. Así que leveilles a clase os ingredientes: fariña, levadura, un chorriño de aceite, unha pizca de sal e auga morna.
 
  
    Nunha cunha mesturamos todo e cando fixen a primeira amasadura, quedaron sorprendidos cando viron que a masa quedaba toda pegada nas miñas máns.
 Contamos coa axuda de Mónica e Andrea que tamén sacaron algunhas fotos cando eu estaba "coas máns na masa". Despois de amasar, probamos os ingredientes: algún probou a puñados! E tamén comemos un anaquiño de masa crúa: as opinións aquí foron dispares xa que a algúns non lles gustaba moito e a outros encantoulles... Despois notouse nos tamaños dos boliños....
    Ensineilles de onde sae a fariña porque tiña un bote con graos de trigo e falamos do conto dos 7 cabritos, cando o lobo enfariña as patas para enganalos.  A masa deixámola repousar e cando medrou un pouco cada un amasou o seu boliño. Gustoulles moito porque decían que era máis blanda que a plastilina.

      Logo repousaron outro pouco e metémolos no forno prequente a 180º, ou algo así, unha media hora. Deixámolos enfriar e cando volvimos de psico comemos os panciños. A clase arrecendía a pan de verdade!. E, aínda que nos quedou algo duro, porque o forno xa non regula moi ben, o pan non estaba nada mal!.      PAN DA MAÍA
 
((((Volveremos a facelo outro día, para aplicar o aprendido e tamén porque non estabamos todos.))))

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!