Unha das actividades coas que máis disfrutan os pequenos son as masas sensoriais: con elas traballamos o tacto e tamén o olfato, apreciamos distintas texturas e educamos os sentidos. Despois de experimentar coa area cinética probamos a facer dous tipos de masas blancas moito máis suaves que, ademáis de ser divertidas, deron moito de sí: masa de maicena con loción corporal e masa de espuma de afeitar con cola blanca. (Estas últimas teñen que deixarxe previamente na neveira).
Para preparar a primeira masa antes untamos as máns coa loción e ulímola. Como veredes no video todos querían remexer coa culler. Finalmente "metimos as máns na masa" e ademáis ao longo da semana empregámola para pintar neve e bonecos... Cando seca ten unha téxtura moi interesante. Creamos así o inicio para traballar e coñecer a corriente pictórica das pinturas matéricas que empregan materiais moi diversos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!