luns, 20 de febreiro de 2017

Títeres en Santiago: Osiño

   Os alumnos de 4 anos fixemos unha saída en autobús a Santiago para ver a representación de títeres de Osiño, pola Compañía Tompicallo no Auditorio de Abanca. A viaxe en bus encantounos e fomos comentando todo o percorrido. Subimos as escaleiras da Plaza de Abastos e atravesámola ata chegar ao Auditorio de Afundación na rúa do Preguntoiro.
 Como antes xa faláramos das partes dun Auditorio sabíamos que tíñamos que sentarnos no patio de butacas para ver o escenario cando abrisen o telón. Non nos tocou o mellor sitio, porque había moitos coles, ademáis algúns somos moi baixiños para as butacas e a obra se nos fixo un pouco longa... O que máis nos gustou foi o decorado, os cambios de estación na árbore e os efectos de luces e sonido.

  Para saber máis da obra e os seus personaxes podedes entrar na páxina da compañía Trompicallo (AQUÍ) na que tamén tedes un pequeno video sobre Osiño. A historia comeza nunha fraga onde Osiño vai medrando, aprendendo e xogando cos seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos ao longo das estacións.


1 comentario:

  1. Estaban emocionados con ir de excursión, lo pasaron genial..

    ResponderEliminar

Comentarios: a túa opinión conta!