mércores, 1 de marzo de 2017

Antroido: ruada, larpeiradas e baile de disfraces!

    Participamos con todo o colexio na celebración do ANTROIDO  e, para meternos en ambiente, seguimos os mandadiños do Meco. O primeiro día díxonos: o luns comeza con algo na cabeza!
   Ao longo da semana tamén pasamos polo fotocall instalado na biblioteca, onde o escenario estaba transformado e había moitas caixas con roupa e un montón de acesorios que nos puxemos como máis nos gustou para disfrazarnos. Finalmente o venres tíñamos que vir disfrazados do que máis nos gustase.
     Fixemos algunhas fotos todos xuntos e despois fomos de ruada polo colexio para ver os disfraces dos compañeiros... e ensinar os nosos. Cando volvimos a clase puxemos a mesa coas larpeiradas que nos mandastes para compartir e despois fomos ao baile de disfraces no patio.... (en breve haberá unha entrada na web do cole con fotos do baile)
(Moitas gracias a todos pola vosa colaboración para poder celebrar esta semana de antroido!)

4 comentarios:

  1. Bo día, Loli grazas pola túa dedicación!!
    Por certo, no video no que levan algo na cabeza, entendo que te olvidaches de Martina porque no cole nos deixámola e aínda é moi nova para saltarse clases, non? 😜

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja,Maite,dale un voto de confianza a Martina,seguro que estaba en clase��������

      Eliminar
    2. por si acaso revisei as fotos a ver que pasara... entre algún que non estaba ou que non quixo poñerse para as fotos... Tamén se me pudo borrar, aínda que o máis seguro Martina estivese despistadiña cando os fun chamando jeje

      Eliminar
  2. Que semana más bonita y los niñ@s encantad@s con el Meco y los disfraces,el vídeo te quedó genial,enhorabuena por tu trabajo.

    ResponderEliminar

Comentarios: a túa opinión conta!