Hoxe estivo con nós Bea, a nai de Noa para contarnos un divertido conto de Gianni Rodari: "CONFUNDINDO HISTORIAS". Nel, o avó, que está tranquilamente lendo o seu xornal, ten que poñerse a contarlle un conto a súa neta . Pero non llelo conta de calquer xeito, xa que aínda que é o coñecidísimo de Carapuchiña Vermella, o avó comeza deste outro xeito: "Erase unha vez unha nena que se chamaba Carapuchiña Amarela...". Os nenos da clase, igual que facía a nena no conto, interrumpen inmediatamente a historia: NON! Que é Carapuchiña Vermella...!
E con esta pequena historia de Rodari, Bea tivo aos nenos e as nenas moi atentos a unha historia que estaba CONFUNDIDA e todos estiveron moi pendentes dos cambios nunha narración que tan ben coñecen.
Despois puxémonos en plan "periodistas"e fixéronlle unhas cuantas preguntas a Bea que, cando rematamos coa "entrevista", quedouse un ratiño con nós mentras a debuxábamos contándonos o conto e durante a merenda. Nin que decir o contenta que estaba Noa!
O libro está editado por Kalandraka e conta coas divertidas e orixinais ilustracións de Alessandro Sanna. O autor, Gianni Rodari, graduouse en Maxisterio e foi un gran renovador da literatura infantil e
xuvenil. Tamén foi político, xornalista, pedagogo e escritor... e logrou o
Premio Andersen en 1970 que ben sendo como o Nobel da Literatura Infantil.
E nesta presentación podedes ver as fotos da sesión de contacontos que nos fixo Bea. Moitas gracias por compartir con nós este momento!
premer AQUÍ para ver as fotos da sesión |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!