Estos días Emma estaba un chisco emocionada xa que esperábamos a visita de súa nai para contarnos un conto en inglés. Bea chegou con un par de libros e cargada de cousas para acompañalos: primeiro contoulles un conto sobre alimentos e sabores e fíxolles repetir algunhas das palabras e despois houbo SORPRESA. Era un conto para comer! (a spot book). Probamos pizza, pepinillos, pasteliños salados-pretzel e de remate houbo xeado de chocolate!. Ademáis de comer as cousas que saían no conto, tiñan que identificar os distintos sabores e decir as palabras en inglés:
- a pizza estaba picante-spicy
- os pepinillos - picles tiñan sabor amargo-sour flavour
- os pasteliños- pretzel tamén eran salados-salty
- e os xeados-ice cream estaban deliciosos-delicious!
Ao primeiro algúns non querían probar a pizza pero logo fóronse animando e repetiron... e nin vos conto cando viron os xeados, de eso non quedou nada! somos un chisco larpeiros!
Despois fixeron dibuxos de Bea e das cousas que comimos e regaláronllos. Cando remataron xa era a hora da merenda e aínda tiñan fame...(e ao día seguinte a monitora do comedor contoume que despois comeron coma limas!)
En este kizoa están as fotos da visita de Bea: un mundo de tempo para subilas, outra vez pelexando co adsl e a banda ancha... que debe estar a dieta! e cabreada! cousa máis leeeeenta!
clicar para ver |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!