Para celebrar o Samaín, o Equipo de Extraescolares do cole propuxo que decorásemos as aulas e as portas con motivos arrepiantes. Os nenos da nosa clase querían "algo que lles dese medo aos outros... pero risa a nós". A nosa porta tiña unha arañeira por un lado e polo outro un montón de fantasmiñas aos que lles puxeron ollos e dibuxaron as bocas (de medo, de risa, berrando...). Tamén apareceu na clase unha sábana que acabou convertida en moitos fantasmiñas (bola de porexpán e pao de brocheta) cos que saímos da aula para ver a exposición das cabazas que trouxemos de casa.
AVISO: na Galería da web do cole xa podedes ver todas as portas e a montaxe de infantil coas cabazas e outras cousas do outono. PREMEDE AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!