O venres tivemos unha fantástica sorpresa: "visitounos" por Webex a contacontos Charo Pita. As aulas de infantil e despois as de primaria, pudemos escoitala de xeito simultáneo a través do ordenador da clase. "Contounos e cantounos" contos de bruxas e do Samaín. Esta escritora, contacontos e licenciada en
Filoloxía Hispánica na súa biografía dí que:
"naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Nas súas propias palabras recoñece estar sempre a medio camiño: nin pícara nin adulta, nin gorda
nin fraca, nin loura nin morena, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin
de alí, unha salvaxe apracible, entre o po da viaxe e a modorra dunha
butaca vella, unhas veces coa palabra na boca, outra coa música...". Imparte
talleres de narración oral, estudou Canto, Interpretación. Como escritora
recibíu varios premios literarios e entre as súas obras están: El ratón que quería un palacio, Pio pio, diversión pop up, Un caracol?, Cucutrás de animais do mar, Igor, Velliñas, Maxia, A rúa da tixola, Quen pode vencer o vento?, Estamos no verán!!!, Oxalá estiveses aquí, No país do vento, Andar aos biosbardos, e Contos baixo o freixo engurrado.
Xa nos ten visitado en persoa noutras ocasións: Ver este enlace da Biblioteca aquí+
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!