mércores, 11 de setembro de 2013

PRIMEIRO DÍA NA MAÍA

   
     Ola, xa estamos aquí de novo, o primeiro día dun novo curso. A volta das vacacións: agora somos maiores, a clase de 4 anos: 5º C. Estaban os emocionados por volver, os que non durmiron, os que aínda non acabaran de espertar de todo, os que se puxeron nerviosos no último momento, os novos e os de sempre, cariñas novas (Kevin e Sergio) e cariñas coñecidas... Tamén faltaban algunhas caras xa que marcharon lonxe: Manuel, Isaac e Oli. E falamos das novedades...
     Despois dos primeiros saúdos e apertas, todos tiñan algo que contar, bicos que repartir e apertas que dar. Un momento moi bonito foi cando, xa na clase e sentados no rincón da reunión, mentras todos intentaban contar o que fixeran no verán, unha nena levantouse, doume un bico e  díxome: sabes unha cousa Loli?, boteite moito de menos!. Eu tamén: a todos! Aparte da experiencia de ensinar, este traballo ten cousas así de bonitas...
   
    Coas cousas do primeiro día só saquei catro fotos e de medio lado: se tedes fotos que queirades compartir enviádemas ao correo da clase. Gracias! 
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!