Despois de informarnos na guía do Antroido da Xunta, escollimos varios personaxes do Antroido tradicional galego para facer na clase. Dibuxamos animais nas pantaias de Xinzo e enchemos de papeis de seda as dos boteiros de Viana do Bolo.
O BOTEIRO leva unha máscara tallada en madeira de bidueiro e de cor negra, coroada por unha gran pantalla de formas xeométricas feitas con cintas de cores. A nosa é de papel e sustituimos as cintas por bolas de papel de seda.
O traxe dos boteiros está composto por:
• Unha camisa de cores feita con cintas cosidas en acordeón.
•Un pantalón con flecos nos laterais.
•Un cinto con cencerros.
•polainas negras de coiro e botas negras.
• e leva un pao cun rabo de raposo que emprega para dar saltos.
Así quedaron as pantaias dos nosos boteiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!