domingo, 14 de febreiro de 2021

Seguimento dos bulbos de xacinto

    Este curso fixemos unha plantación con bulbos de xacintos que foi todo un exercicio de paciencia. O día 16 de outubro plantámolos nas bonitas tazas que vos pedíramos (ver aquí).  E despois esperamos pacientemente (ou non tanto)  a que brotasen e logo florecesen. A de Olivia foi a máis rápida xa que asomou o 2 de novembro. Pero tivemos que esperar hasta o 20 de xaneiro para ver a primeira flor. Entonces fixemos unha táboa de rexistro para ver cando saían as outras e de que cor eran. 
 

  Tamén comprobamos que as de cor violeta eran moito máis grandes que as de cor rosa. Pero todas perfumaban a clase co seu olor!. Só tivemos un percance con unha persiana e aínda así dou flor. A que parecía ter mala sorte era a de Lola, que non medraba. Cambiámola por outra que tíñamos por si acaso (sempre hai que contar cos imprevistos para evitar disgustos), e as follas medraron moitísimo, pero a flor murchouse na base. Así que volvimos coller outra de reposto para trasplantar e por fín Lola tamén tivo o seu precioso bulbo rosa!.

  Estivemos levándoas para casa desde o 25 de xaneiro hasta o 10 de febreiro!.  Ao final do video do proceso están cada neno co seu xacinto o día que o levaron. 



(Se os gardades nun sitio seco, para o ano teredes outra bonita flor de xacinto)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!