martes, 23 de febreiro de 2021

"Nada pode deter a marcha dos meus pensamentos..." Rosalía de Castro

"A luz de Rosalía" é o lema que o EDNLG do Concello de Ames escolleu para conmemorar este 2021 o Día de Rosalía de Castro. Os alumnos dos colexios de Ames fixeron carteis para colgar polas farolas das rúas. Na clase escollimos un poema sobre o poder dos pensamentos para rexer o noso destino e dibuxamos o que queríamos ser de maiores...

  Unha gran variedade de espectativas como podedes ver. O noso cartel está no centro de Bertamiráns: a ver si o atopades!  Buscade tamén os outros poemas. (E mandade fotos ao correo da clase).

  Investigando pola rede para buscar poemas, fotos e ilustracións de Rosalía atopamos unha de Eva Casais que nos gustou moito e outra na que está representada como astronauta. Vimos que a 240 anos luz unha estrela leva o seu nome e un planeta que orbita ao seu redor chámase Río Sar desde o ano 2019.  A luz de Rosalía!

"AS ESTRELIÑAS TODAS QUE ALÓ NO ESPAZO ESTÁN,

SORRINDO NOS MIRABAN CON SOAVE CRARIDÁ."

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!