"Esta é a historia dun carballo que vivía entre a serra do Faro e o manso Miño. Un carballo que ficaba só, soiño de todo ...".
Así comeza este libro do contador de historias Anxo Moure que ten unhas preciosas ilustracións de Cristina Ouro. A mensaxe que o libro lle transmite aos pequenos é sobre a importancia da conservación do medio natural. É un libro que temos na clase desde hai varios meses no "recanto dos contos especiais", un libro que lles chama moito a atención xa desde a portada e que comezamos varias veces... pero (adrede) nunca o rematamos e sempre deixamos o final da historia agardando unha ocasión especial.
NÓS TAMÉN PLANTAMOS CARBALLOS!!!
Como sabedes, levamos meses coidando os carballos que plantáramos cando saímos a coller landras polo outono e como xa están grandiños agora van a levalos a casa para seguir coidando neles ou transplantalos no xardín ou no monte. Naceron todos é esto foi unha carreira por ver cal nos medraba máis!. Ademáis nunha das macetas naceu unha maceira porque Oliver atopou pepitas na mazá que trouxo para merendar... e despois de ler o conto "O secreto" el tamén quixo plantala a ver que pasaba : e naceu!!!
E buscando pola web, atopei este interesante Lim con actividades sobre o carballo con botas feito polo equipo da biblioteca escolar do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso ( Biblio.a.ro.ba )
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!