domingo, 19 de abril de 2020

Figuras xeométricas, paxaros e máquinas!

Unha das propostas de estos días era crear figuras xeométricas empregando paos e plastilina: Jhon ademáis engadeulle plumas e a maiores creou estos paxaros tan coloridos.

  Outra das suxerencias que fixemos era inventar unha máquina co material que tiveramos pola casa,  e darlle un uso: a de Jhon E. ven sendo "un dispensador de comida para serpientes", con botóns que lle dan de comer e botóns que non... e cóntanolo neste video;
 
Aínda coida as cintas que plantamos nun tenis e as crasas que tiñamos o curso pasado no xardín vertical do patio, aproveitou a botella para trasplantar as fabas que lle xerminaron estos días!.

Tamén estivo ampliando os cadros que pon na parede da casa, algúns feitos coas mans. Toda unha exposición!. Parece que cando remate todo teremos moitas pequenas galerías de arte con estos pequenos artistas!
 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!