Martín comparte con nós fotos das flores que sairon nas plantas que regara fai uns días. Unha bonitas azaleas de cor rosa e uns pendentes da reina. E foto tamén das
sementes que lles naceron e dunhas lentellas que xerminaran e
xa transplantaron a unha botella.
Fixo tamén
varias das propostas. Mezclaron tres cores nos vasos e saíron tres máis.
Pintou coa espuma e colorantes. E o da pementa fuxitiva fixoo varias veces porque lle gustou moito. É o que sirve para explicarlles aos nenos a importancia de lavar as mans para afastar os virus.
Tamén fixo o
das diferentes densidades e quedoulle moi colorido. Empregou os colorantes e vese mellor, pero si non tedes valen as témperas diluidas.
Prepararon o ovo en vinagre, que lle levará varios días ata que desprenda case toda a cáscara... Segue facendo o rexistro mensual do tempo, o calendario e a ficha-rexistro
de "cousas que fixen hoxe na casa". (Así quédanos un recordo do que fixemos no tempo do coronavirus... para cando todo pase!)
E así de bonito lles quedou un cabaliño feito con un calcetín vello, un pau,
uns botóns e as orellas dunha diadema do entroido reciclada... unha idea que sacaron dun conto. E agora a galopar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!