Iago estivo superocupado coas propostas!. Aquí está coa avóa preparando garbanzos, lentellas e fabas para observar como xermolaban e medraban. E mamá documentoulle todo o proceso. Polo ben que están medrando, vese que as coidou moi ben. Todo un éxito!
Aquí está traballando con outra das propostas: a de levar un rexistro, observando, dibuxando e documentando o tempo que fai:
Tamén tivo tempo para traballar coas letras e facer un abecedario con diferentes materiais, papeis de cor, botóns... e despois fixo con el imáns para a neveira.
Coloreou o arco da vella para poñer na fiestra "como
mensaxe positiva e sae tódolos días ás 8 o balcón a aplaudir por toda a
xente que está traballando, en especial os sanitarios".
E aínda lle quedou tempo para xogar cos seus animais e co can do avó!!!.
Ver como os pequenos, co apoio das familias, están levando o confinamento, atarefados e ilusionados co importante, fai medrar en nós a esperanza de que todo vai saír ben!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!