Hoxe é Catarina quen quere compartir con nós unhas fotos axudando na cociña!. Axudar e colaborar é unha das mellores tarefas que poden facer os nenos estos días, para ser conscientes dos traballos que se fan na casa e tamén para que sexan responsables na parte que lles corresponde. Preparar a mesa, poñer e contar os platos, os cubertos, o que se pon á dereita e á esquerda, ordenar e recoller os seus xoguetes, a súa habitación, en fín moitas pequenas rutinas.
Aquí está a nosa cociñeira!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!