Para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA os nenos e nenas da clase
fixemos un cadro quebracabezas xigante a partir dunha obra de outra muller, a artista
viguesa Abi Castillo, do que nos encantou o seu simbolismo e colorido.
Co programa Posteriza fixémolo en moitas pezas de tamaño folio para que todos pudésemos facer un anaco.
Quitámoslle as cores e démoslle as nosas. Como foi un traballo en equipo tamén tiñan que coordinarse co que tiña a peza do lado. Destacamos a
mirada e o corazón de Rosalía, que medrou en Ortoño vendo regatos pequenos,
fontes, rios, arboredas, paxariños piadores, pinares que move o vento...
Este foi o resultado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!