Parece o título dunha película pero son as actividades que hoxe comparte con nós Jhon E.
Fixo unhas pastas de té con moi boa pinta e despois escribeu a receta numerando os ingredientes. (O ingrediente en amarelo é azucar). Podemos copiala para facer durante estos días porqué é moi facil.
Tamén axudou coa roupa: contar e emparellar é unha actividade matemática e despois doblar calcetíns outra na que desenvolver a motricidade. Fixoo moi ben!.
Tamén fixo a actividade que vos propuxemos na web, a dos Detectives de Pegadas, sobre as eirugas e as volvoretas e escribeu o que averigou.
Aquí mandounos un espectáculo de movemento bailando ao ritmo do "Voo do moscardón" coñecido tamén como "O voo do abejón ou o voo da
abella , que é o título orixinal en ruso, escrito por Rimski Kórsakov para a
ópera O conto do zar Saltán, composta no ano 1900.
E un xogo de coordinación e puntería no que só precisamos un espazo longo, un corredor, unha pelota e unha caixa:
Moitas gracias Jhon E por colaborar na casa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!