Onte Maeba quixo compartir con nós como lle vai co "CULTIVO" DO AGUACATE Unha semente que esixe de nós unha cousa que precisamos moito nestes momentos: PACIENCIA. Tamén é unha semente digamos rara. Si a pós a xermolar nun vasiño pode tardar moito en abrirse, pero si a tiras sin coidado ningún na terra, seguro que pronto terás unha arbore de aguacates. Digamos que é una
semente un chisco desagradecida: canto máis a coidas peor lle vai.
Esperemos que a de Maeba medre ben!. Gael tamén está "axudando"!. Trátase tamén de coidar un ser vivo e darlles unha responsabilidade aos nenos. E só precisamos algunhas fabas, lentellas, sementes de mazás...
PROPOSTA DE EXPERIENCIAS:
Unha actividade que se pode facer cos nenos cando sementamos algo, é unha ficha onde rexistremos o proceso. A base da ciencia está na experimentación, a observación e o rexistro. Podemos escribir o seu nome, debuxar a semente, anotar cando a plantamos, cando agroma, canto vai medindo.... Como non todos teredes impresora, podese facer o rexistro a man, ou usar unha folla do calendario. Tamén a vou subir na web e na plataforma Agueiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!