Un día, fai xa tempo, xurdeu unha conversa na clase sobre as cores que máis lles gustaban. Todos tiñan unha ou varias para escoller pero ningún escollía a cor blanca, porque según eles era unha cor que non valía, que non pintaba. Entón pedinlles que pensasen cousas blancas que coñecían e xa saíron algunhas: a neve, o leite, as tartas de nata, as nubes, a luz... E puxémonos a pintar coa cor blanca!. Fixemos algunhas probas con témpera blanca sobre folios de cores, nubes sobre papel continuo azul e pintamos grafismos direccionais sobre cartulinas negras. (Cando traballamos en grupo temos unha norma que é non invadir o espacio dos demáis... pero aínda nos costa un pouco).
FACENDO LIÑAS
PINTANDO NUBES
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!