O 2 de febreiro conmemórase o Día da Candelaria, que en Galicia desde moi antigo é "cando casan os paxariños", e representa o renacer da natureza, que vai rematar o inverno e se achega a primavera. Os paxaros buscan parella e preparan os seus niños. Para achegarnos a esta tradición nós fixemos estos paxariños que cantan pousados nunha pola.
Refrán: "Pola Candeloria a metade do inverno vai fora"
A Candelaria é unha festa cristiá que lembra a presentación do neno Xesús no templo (40 días despois do Nadal) que se solapa sobre outras de orixe romana onde se portaban candeas (velas), o incluso unha celebración máis antiga de orixe celta que representaba o renacer da Natureza despois do inverno...
Aquí estamos vendo os distintos tipos de niños que lles levei, aínda que non sei identificalos todos (admítese axuda!). Vimos os diferentes tamaños e texturas e fixámonos nos materiais de que están feitos: paos, plumas, pelos, pallas, musgo, terra, incluso restos de algodón e rafia que deberon recoller no patio do cole...
O que máis nos gustaba era o do carrizo porque é o mais pequeniño, feitiño e suave en contraste cos máis grandes: colle nunha man!.
Eso sí: quedou moi claro que non se poden coller os niños dos paxaros porque son as súas casas. Só podemos recoller os que atopemos polo chan como estos que teño.
Un carrizo e un pardal
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!