Este domingo 30 celebrouse o Día da Paz. No colexio, os nenos de infantil participamos na proposta do Equipo de Convivencia de traballar ao longo da semana co tema "Larpeiradas pola Paz". Así, cada clase fixo piruletas, caramelos, chupas e moitas clases de doces con diferentes materiais que fomos colocando na entrada do cole, nas columnas do porche e no patio de xogos. Os máis maiores tamén escribiron palabras e pequenas frases sobre o tema e todos visualizamos distintos cortos de animación e falamos sobre eles para traballar este concepto. A nós os cortos que máis nos gustaron foron: "Cadena de favores infinita", "el valor de la empatía", que tratan de achegarse á paz a través dos pequenos xestos e tamén "el puente" e "convivencia" que fano a partir de conflictos.
As piruletas da paz de 3 anos pintámolas con témpera e alkil en placas recortadas de porexpán. Cada un escolleu a cor que máis lles gustaba e agora están colocadas no areeiro da entrada. Esperamos que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!