Xa case en Reis e soñando cos agasallos que lles van traer, hoxe vou poñer aquí dous materiais que nos saíron completamente de balde e que nos encantaron a pesar da súa sinxeleza... ou por eso mismo. Directamente do xardín e da caixa de reciclaxe!. Xogamos con elementos naturais. Garabullos de madeira de carballos,
camelias, kiwis, abeleiras... Ademáis de sentir as distintas texturas,
grosores, tamaños e olores, empregámolos para facer con eles formas, debuxos e letras.
Reproducimos as que vimos na pizarra e tamén creamos outras novas. Un
material económico e moi agradable para os nenos, que nos trae a natureza dentro da clase e que estimula os seus sentidos. Ademáis xa sabemos que a todos lles encanta xogar cos paos e no patio disfrutan cando os atopan, así que só empregamos un recurso abundante e adaptado aos seus intereses.
Por outro lado tamén empregamos materiais reciclados. Neste caso as tapas de todo tipo que fomos xuntando ao longo do tempo. Unha maneira de reutilizar un material moi abundante, visualmente atractivo e do que dispoñemos en abundancia e de balde. Ademáis de xogar libremente e de facer creacións artísticas con elas, empregámolas como un material matemático máis para ordenalas, contalas, facer series e clasificacións. Nesta ocasión fixemos varios xogos nos que tiñan que decorar coroas, abetos e reproducir os modelos das tarxetas relacionadas co Nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!