Os pequenos de 3 anos fomos os encargados da árbore de Nadal. Quixemos contribuir á decoración do colexio (polas portas, nos teitos, platos de Nadal feitos polas familias...) colgando os adobios da árbore para que todos os seus
compañeiros a disfrutasen!. Xa é unha tradición do cole que sexa a nosa clase a encargada de poñer a árbore na entrada. Comezaron os de 4ºA e despois tamén se nos uniron os de 4ºB cando volveron da clase de Música. Montamos a árbore e despois, entre a profe Sandra e eu, fomos axudando aos nenos a poñer luces, bolas e cintas. Quedounos moi bonito... e eles moi contentos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!