O outro día melloramos a nosa "técnica" para pintar cadros "estilo" Jackson Pollock. Para solventar os problemas que nos deran as bolas de porexpán e as canicas pequenas, trouxen unhas bolas moito máis grandes... e de pedra. Co maior tamaño e peso, o resultado foi moito mellor e fixemos uns cadros moi bonitos e expresivos. Eso sí, ás veces había que suxeitar a caixa porque os artistas se emocionaban moito...
Nunha caixa grande ibamos poñendo os folios de catro en catro, despois poñíamos témpera nos espacios sin papel e logo fixemos rodar as bolas de pedra sacudindo a caixa entre varios nenos á vez e en tódalas direccións...
o noso "estilo" Pollock:
Jackson Pollock é un dos representantes do Expresionismo Abstracto, "un movemento artístico que defende a liberdade individual e o carácter expresivo da arte. O importante para eles era a materialidade do cadro como superficie". Traballaban en formato grande, moitas veces no chan e o movemento era moi importante. "Pintar un cadro era unha acción corporal e dinámica. O artista deixabase levar pola súa tensión interior nun proceso espontáneo, non meditado e lonxe de todo plan preconcibido, deixando traslucir os estados de ánimo dos pintores, e expresando as máis diversas sensacións".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!