luns, 5 de abril de 2021

O libro dos dentes

  Esta temporada comezaron a caer moitos dentes de leite na clase e a saír os de maiores, así que aproveitamos e durante un par de semanas falamos de dentes e de saúde dental e fixemos un libro.    Recortamos todas as páxinas con forma de dente e en cada unha delas fomos pegando as fotos das nosas dentaduras, os dentes que dibuxamos, os que recortamos e pegamos...

 

  Fixemos un rexistro para ir levando a conta dos que xa nos caeron, láminas con hábitos de hixiene dental, nomes dos dentes e clasificamos imaxes de alimentos que son máis ou menos saudables pola cantidade de azucre que poden ter. E tamén fixemos un vocabulario relacionado. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!