Fixemos
unha saída coas "tabletas" para dibuxar o que ibamos atopando. Esta vez quedamos sorprendidos por atopar o que eles pensaron era un
ratiño morto no medio do camiño. En realidade tratábase dun animaliño
moito máis interesante e dificil de ver: unha MUSARAÑA (en galego, unha CORTA). Un mamífero carnívoro que é dos máis pequenos do mundo e ten un metabolismo moi acelerado polo que precisa estar comendo seguido. É un feroz cazador a pesar dos seus escasos centímetros...
Estas son as fotos da saída para observar o entorno e como o dibuxamos: árbores, flores, paxariños, escarabellos, formigas, volvoretas... e por suposto "pensando nas musarañas".
As cortas ou musarañas atacan e cazan todo o que sexa máis pequeno que elas e destacan polo seu fociño longo e polos longos peliños sensibles do bigote. Están en perigo de extinción polos cambios no seu habitat e por ser moitas veces confundidas cos ratos. Estivemos vendo o seu corpiño e despois deixámolo na cuneta para que seguise o ciclo da vida... Logo debuxámolo e ao volver a clase buscamos algúns videos para vela en movemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!