As nenas e os nenos fixemos un
lapbook sobre Tarsy Carballas "a científica do solo". Para conmemorar o "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NA CIENCIA", cada clase tiña que escoller unha científica galega. Ao principio ibamos facer un mural con unha cartulina como soporte, pero según aprendíamos cousas sobre Tarsy as solapas (capas, ventanas ou lapelas) foron aumentando e ao final xa eran catro cartulinas.
Despois contamos neste video o que averiguamos sobre ela. Algúns con moitos nervios, outros con máis soltura, pero todos acabaron decindo algo sobre Tarsy. Aprendimos moito sobre esta muller que foi unha pioneira na investigación nun tempo no que este campo non se consideraba axeitado para as mulleres... e aínda segue investigando!. E nós, como ela, tamén recollemos moitas mostras diferentes do solo!. Quedámonos sobre todo coa idea que o solo está vivo e agora mírano dun xeito diferente. E tamén nos preocupou moito como lle afectan os incendios tanto ao solo como aos seres vivos que viven nel.
tipos básicos de solo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!